RECURSO DE ESTIMULACIÓN: A MESA DE LUCES


QUÉ É A MESA DE LUZ?
  • A mesa de luz é un dos recursos educativos qué máis atraen aos nenos e nenas.
  • Trátase dunha superficie con base luminosa que permite aos nenos poder experimentar de forma sensorial, xa sexa facendo as súas propias creacións artísticas, usándoa para caquera tipo de xogo que el mesmo invente… A luz atrae de forma natural aos nenos e transforma os materiais dándolles unha nova dimensión.
  • A mesa de luz é un recurso que pertence ao enfoque educativo Reggio Emilia, una pedagoxía recoñecida a nivel mundial que ve ao neno como protagonista e coa capacidade de crear a súa propia aprendizaxe movido pola curiosidade, motivación e imaxinación.
  • A superficie luminosa mantén aos nenos e nenas cun alto nivel de concentración o que lle invita a experimenta: coa súa propia manipulación dos recursos que lle brindemos para usar con ela, o neno construirá a súa propia aprendizaxe.
No seguinte enlace atoparedes os beneficios deste recurso, cómo se constrúe e que actividades se poden realizar na mesa. Clica aquí -> mesa de luces

Tamén podedes botarlle un ollo a estas páxinas web, nas que atoparedes máis información e xogos (só tedes que pinchar encima do nome e xa vos enlaza con cada unha delas):



Comentarios