Abegondo xunto Bergondo e Carral deciden prolongar un ano máis o seu servizo de Atención Temperá ante a satisfacción lograda nas familias participantes
Os Concellos de Abegondo, Bergondo e Carral ampliarán un ano máis o seu servizo conxunto de Atención Temperá ante os bos resultados obtidos no seu primeiro ano de vida. Hoxe tivo lugar a presentación dos resultados da iniciativa nun acto celebrado na casa do concello abegondesa.
Nesta primeira andaina, a iniciativa contou con 42 usuarios procedentes dos tres municipios: 27 de Carral, 10 de Abegondo e 5 de Bergondo. Desenvolveron unha ampla variedade de dinámicas para traballar as diferentes necesidades de cada un.
Os alcaldes coincidiron na decisión de prolongar o servizo por un ano máis. Como claves para esta segunda etapa destacaron que se potenciará a proximidade coas familias e ampliarase o servizo de logopeda, necesario xa que un 80% dos participantes así o require.
“Nunca vin a persoas tan agradecidas e cun nivel de satisfacción tan elevado cun servizo”, asegurou Santiso. O alcalde cualificou de “esencial e fundamental” a iniciativa e deu o parabén a todos os técnicos que a levaron a cabo.
En leste mesmo sentido pronunciáronse Pérez e Gestal, que enxalzaron a dedicación dos especialistas. Pola súa banda, a directora de Aspace, Sonia Ruiz, resaltou que “un servizo de atención temperá especializada pode marcar o rumbo dunha vida”.
Os Concellos buscarán a colaboración económica da Xunta, que xa este ano financiou o 90% do servizo.
A técnico abegondesa, Isabel Manteiga, expuxo como se afrontaron situacións, como o confinamento, con videollamadas, e potenciando a redacción do blogue elaborado polo alumnado.
O programa está dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade con trastornos no desenvolvemento con que conten con risco de padecelos. A finalidade é proporcionarlles unha atención personalizada que axude a potenciar aos usuarios e sirva de apoio ás familias.
Noticia no periódico "La Opinión A Coruña":enlace á noticia

Comentarios
Publicar un comentario